Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

DE CÓMO O MEU AVO, JUAN MANUEL SALGUEIRO POUSADA, nacido no ano 1890, aos 20 anos decidiu cruzar o charco para buscarse a vida en RIO JANEIRO, arribando o 17 do nadal do ano 1910.

20.05.19, vero fillodateresa netodorevidas

Era este home o quinto filho de CARLOS SALGUEIRO, e segundo da segunda mulher, FELICIANA POUSADA, ambos de MANDIN, sendo a primeira mulher de FECES DE CIMA.

Os filhos do primeiro matrimonio, Teresa, xa se foran antes para Rio, tal vez este foi o motivo polo que meu avó decidiu deixar so ao seu pai xa con 66 ano, e a súa irmá,  a Tía Saljeira, solteira e sen filhos.

Mais cando foi a facer o pasaporte, atopouse que o seu pai non o inscribira no rexistro civil, nin tampouco no libro de bautizados da parroquia de Mandin. Foi este o motivo polo que seu pai, en novembro de 1910 procurou a súa inscrición i así obter o necesario pasaporte.

avo salguerioacta de inscripcion

Xa en 1832 o cura de Mandin tivera que inscribir ao seu bisavó Josep Salgueiro mediante acta de investigación, acreditando mediante testigos  que era neto de Lorenzo Salgueiro i Maria Fernandez, sendo seus pais, Jose Salgueiro i Teresa Ledo.

acta de inscripcion 2

Superados os  trámites, saíu para embarcar no vapor ANNAM que procedente de Bordeaux faría escala en VIGO, na Galiza, tinha xá vinte anos.

embarque

No CANTO DOS GALEJOS quedou seu pai xa maior acompanhado da súa filha solteira, a Tia Saljeira. A casa na que anos mais tarde naceu minha nai e logo eu, tinha un curral interior rodeado por un muro que facía limite coa CANELHA e coa casa do JABINO.

CANTO DOS GALEGOS casa do salgueiro

canella w

A parte da baixo do curral pechábase con unha adega na que, o meu avo me introduciu no vinho, gardábase tamén nunha arca o grao, chourizos, pans, etc,

adega

canella s

Do outro lado estaba un formidable muro de un metro de ancho, feito con pedras rectangulares ben talhadas, que desde sempre déronme que pensar de que deberían pertencer algunha outra construción anterior, era contigua a adega do CAMPANILHAS i ademais do gran orador O JOBEA, don Francisco, sendo eu de pequeno un dos mais fieis seguidores.

E finalmente cerraba o curral, duns cen metros cadrados, a vivenda, tendo na parte baixa as cortes para márraos, bois e macho, i na parte alta a lareira, a sala grande i as habitacións, feitos de barro-palha que no inverno conservaba o calor i no vrao mantinha a vivenda fresca. Mais a melhor peza era o Corredor no que nos dias soleados saiamos comer todos xuntos compartindo na TRAVESA os famosos CHICHARROS de MANDIN acompañados de verza branca i bacalhao.

chicharro

Desde o corredor ao chan do curral, todo de pedra cuberto de palla para facer o estrume, había unhas escaleira de pedra que mais dunha vez medín coa cachola, i que con tres anos hóubome comer o porco se non fose pola minnha prima, que por certo tamén naceu nesta casa.

escola

igrexa

mandin

A entrada principal era de pedra, cunha porta grande de madeira a dúas folhas, fixeralha o Codias ao meu avó, un garda civil que fora un dos sete falanxistas de Mandin, segundo din. No dintel atravesado por un gran perpianho esta inscrito dous cálices custodiando una cruz no medio.

inscripcion

No muro da Canelha tamén se atopa outra pedra reutilizada na que esta inscrito o ano 1858 rodeado por un rectángulo. Formando parte da parede hai unha columna feita de pedras cuadras postas adecuadamente para apoiar o telhado do curral aberto, típico deste lugares.

collumna

ano

Foron os SALGUEIROS un dos primeiros apelidos que constan non libros de bautizos de Mandin, alo polo mil setecentos. O primeiro inscrito chamábase LORENZO SALGUEIRO. Son numerosos os descendentes  os que se marcharon fora, ben para buscarse a vida, ben para casarse cos das aldeas hirmas como feces de cima, lamadarcos, vilarinho, vilafrade, vilamea, vilardecervos, enxames, etc, onde aínda hoxe se conserva algúns dos apelidos, mais acabaran desaparecendo todos polos xenericos rodriguez, perez, gonzales, etc. unha magoa. En Espanha na actualidade podese mudar a orde dos apelidos para  non perdelos.

Ben pois este mozo, marchou para Rio deixando ao seu pai mais a súa irmá. Viviu co seu medio-irmao Francisco, ao que non conheçin, mais sei que fai tempo descendentes dele vinheron a Mandin, para conhecer os seus orixes, o outro mediohirmao axo que se chamaba Jose, mais non acredito.

Traballaba de revisor nos tranvías, i esta foi a causa de que non se quedase para sempre alà. Aconteceu que un dia estando el de servizo, unha mulher sufriu un accidente i morreu, o patrón dos tranvías recomendoulhe ao meu avó que se vinhese para a Galiza mentres se resolvían as responsabilidades, para logo voltar para Rio.

Mai non foi así, e despois de votar alà quince anos, nunca mais regresou a Rio. Sempre matinei no que pasou alá i como o meu avó non se casara, inda hoxe penso que meu avó non contou todo.

vaporfoto

Chegou a Mandin alo polo 1924, todo planchón, vestindo roupa branca i cunha maleta que inducía a vir chea de cartos. Así foi como engaiolou a minha avoa MAXEMINA i mais a sua nai, viúva con duas filhas i un home, tamen emigrado neste caso a SANTOS; i pur tanto con necesidade de novos brazos para trabalhar as leiras, unha vez falecido o Tio Francisco dos Esteves de Vilarinho da raia.  

  vilarinho igresia

vilarinho por atras

Tinha trinta e catro anos, i ela dezaoito. Tódalas manhas aos primeiros luscos ia apanhar a rica e fresca auja da MIRJADEIRA que tinha ao pe da sua casa, evitando as numerosas colas que as mulheres facian para apanhar a auja, dado que ainda non fixeran a fonte do campo do Pilatos (1930).

fonte pilatos

MIRGHADEIRA

Mais o conto pouco durou, cando a segunda filha da Tia Vitoria casou, o SALGUEIRO tivo que mudarse para a casa do seu pai Carlos que xa falecera fai tempo. Acompañou a súa irmá tia Saljeira, que posteriormente abandonou a casa por discordias no dia a dia, indo a viver co TONINHO e a DOLORES, para casa que lhe deixara o tio PELADO en herdanza xunto con algunha leira. Esta casa hoxe e a sede da TABERNA DO XICO, il  foi que me facilitou o retrato da tía saljeira:

tia salgueira

Finalmente meu avo viviu na casa do seu pai Carlos, para acabar morrendo a idade de 87 anos na casa da súa filha maior en Verin, pasando antes unhos anos polo asilo das monxas.

Así foi como meu avó non regresou mais para o brasil i eu resultei ser JALEJO:

o neno